VAIA XORNADA ECOLÓXICA!!! A NOSA SAÍDA ÁS CABANAS DA RÍA FOI FANTÁSTICA...COÑECEMOS A INÉS, BRAULIO, SONIA, ÓSCAR, FELIPE E CECILIA. FIXEMOS COUSAS TAN DIVERTIDAS E INTERESANTES COMO: OBSERVAR O MAGNÍFICO ESPAZO NATURAL, PREPARAR MACETAS EN CANAS DE BAMBÚ CON SONIA, LIMPAR A PARCELA PARA PLANTAR CENOIRAS CON ÓSCAR, SESIÓN DE IOGA CON FELIPE; MOMENTO PICNIC PARA RETOMAR FORZAS, MONTAMOS NO FERMOSO PONI, XOGO ¨ EN BUSCA DO TESOURO ¨ CON SONIA, ÓSCAR E FELIPE, XOGOS NO PARQUE DE MADEIRA CON CECILIA, BRAULIO...
O curso pasado participamos no PLAN PROXECTA que ofrece a Xunta de Galicia para facilitar o traballo por PROXECTOS nas aulas. Eleximos a rama ALIMÉNTATE BEN e dentro dela o proxecto XERMOLIÑO. Foron moitas as propostas e traballos que xurdiron. Neste curso que estamos a piques de comezar queremos explorar novos horizontes dentro da mesma temática. Queremos que comecedes a PENSAR... O proxecto do noso cole xa ten nome: ALIMENTOS VIVOS. DEIXARÁNSE MANIPULAR? Pensade o que suxire o título e ata onde podemos chegar. Vémonos moi cedo! Xa estamos aquí para reflexa as nosas ideas e coñecementos mais cercanos. E que cando falamos de ALIMENTOS VIVOS, os nenos/as de 5 anos opinan o seguinte: Adrián : os alimentos teñen vida porque se comen. Dylan: o polo ten vida porque é un animal que medra como as plantas e as árbores. Nerea: as árbores viven e os seus froitos tamén. Alba: comemos froitas e as lavamos porque están sucias. Ada: e lle entran bichos. Julia: as persoas somos como a...