CALDIÑOS QUENTES
OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS, REFLEXIONAMOS SOBRE A NOSA ALIMENTACIÓN, TENDO EN CONTA Á ESTACIÓN . XA ESTAMOS NO INVERNO, QUEDAN ATRÁS OS COGUMELOS, CASTAÑAS, CABAZAS, TURRÓNS, MAZAPÁN...AGORA QUÉ QUEREMOS COMER? TEMOS UN POUCO DE FRÍO, QUÉ NOS APETECE TOMAR? JULIA: EU QUERO UNHA SOPA QUENTIÑA DE COR BRANCO E CON LETRAS- ÓLIVER: UN PESCADIÑO DE COR GRIS, CADRADO E QUENTE. BERTA: EU QUERO UN CALDIÑO AMARELO. DIEGO: UN CALDO LARANXA CON VERDURAS. ALBA: PARA MÍN UNHAS LENTELLAS MARRÓNS SIN CARNE E SIN SOPA. INGRID: EU QUERO PEIXE DE COR MOSTAZA. NEREA: SOPA AMARELA CON ESTRELAS. ADA: A MÍN, SOPA LARANXA CON ESTRELAS. MAURO: POIS EU QUERO UN PEIXE DE COLA DE PEZ CON PATATA LARANXA E SOPA DE COR AZUL. ADRIÁN: UNHA CREMA DE VERDURAS CON TORTILLA. DYLAN: VERDURIÑAS QUENTES CON CALDIÑO. SAÚL: SOPA DO COMEDOR, ME ENCANTA.