NOVO CURSO_NOVO PROXECTO

O curso pasado participamos no PLAN PROXECTA que ofrece a Xunta de Galicia para facilitar o traballo por PROXECTOS nas aulas. Eleximos a rama ALIMÉNTATE BEN e dentro dela o proxecto XERMOLIÑO.
Foron moitas as propostas e traballos que xurdiron. Neste curso que estamos a piques de comezar queremos explorar novos horizontes dentro da mesma temática. Queremos que comecedes a PENSAR... O proxecto do noso cole xa ten nome: ALIMENTOS VIVOS. DEIXARÁNSE MANIPULAR? Pensade o que suxire o título e ata onde podemos chegar. Vémonos moi cedo!

Xa estamos aquí para reflexa as nosas ideas e coñecementos mais cercanos. E que cando falamos de ALIMENTOS VIVOS, os nenos/as de 5 anos opinan o seguinte:

Adrián : os alimentos teñen vida porque se comen.
Dylan: o polo ten vida porque é un animal que medra como as plantas e as árbores.
Nerea: as árbores viven e os seus froitos tamén.
Alba: comemos froitas e as lavamos porque están sucias.
Ada: e  lle entran bichos.
Julia: as persoas somos como as plantas porque nacemos e nos facemos grandes e podemos ter fillos.
Saúl: as árbores tiñen froitas e flores.
Óliver: deixase tocar porque non teñen patas, nin brazos, non fillos.
Diego: siii, teñen fillos.
Ingrid: pero non teñen cabeza.
Berta: os humanos vimos ao cole pero eles non porque son plantas.
Mauro: algunhas plantas se compran.
Adrián: si se manipulan porque as lavamos e as comemos.


Publicacións populares deste blog

NATUREZA VIVA EN LIRES-ECOTURISMO