Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2018

Benvidos !!!

Imaxe
Os pequerruchos de 5 anos, xa  están en marcha para seguir a Xermoliño.
Xa comezou o novo curso e con él, novas suxerencias e interesantes propostas que van saíndo destes encantadores nenos/as.

Tocaba poñerse a facer o diseño do calendario saudable e como unas temperaturas veraniegas, un abanico porfa!!

Así quedou o abanico de múltiples sabores e cores que iremos completando gradualmente con  alimentos diversos e outros detalles que os nenos/as queren engadir.






Eu de maior quero ser Xermoliño...

NOVO CURSO_NOVO PROXECTO

O curso pasado participamos no PLAN PROXECTA que ofrece a Xunta de Galicia para facilitar o traballo por PROXECTOS nas aulas. Eleximos a rama ALIMÉNTATE BEN e dentro dela o proxecto XERMOLIÑO.
Foron moitas as propostas e traballos que xurdiron. Neste curso que estamos a piques de comezar queremos explorar novos horizontes dentro da mesma temática. Queremos que comecedes a PENSAR... O proxecto do noso cole xa ten nome: ALIMENTOS VIVOS. DEIXARÁNSE MANIPULAR? Pensade o que suxire o título e ata onde podemos chegar. Vémonos moi cedo!

Xa estamos aquí para reflexa as nosas ideas e coñecementos mais cercanos. E que cando falamos de ALIMENTOS VIVOS, os nenos/as de 5 anos opinan o seguinte:

Adrián : os alimentos teñen vida porque se comen.
Dylan: o polo ten vida porque é un animal que medra como as plantas e as árbores.
Nerea: as árbores viven e os seus froitos tamén.
Alba: comemos froitas e as lavamos porque están sucias.
Ada: e  lle entran bichos.
Julia: as persoas somos como as plantas porq…